Listaxe de hábitats NATURA 2000

Que é isto da Listaxe Hábitats Natura2000?

É unha listaxe das teselas con hábitats protexidos pola rede Natura2000, incluídos no “Plan Director RN2000 de Galicia”, que están afectados ou ameazados por infraestruturas eólicas. Podes atopar a información por concellos.

A tramitación sistemática de macro industrias eólicas sobre os hábitats Natura2000 vulnera as leis que os protexen. Por iso nace esta campaña, para denuncialo ante a Unión Europea e a opinión pública. 162 P. eólicos dos 230 proxectados en Galicia afectan a hábitats Natura2000. Son 139 os concellos afectados.

Busca o teu concello


⏬ Descarga as listaxes de toda Galicia (+ lenda) (descargar)

⏬ Descarga a listaxe dos 162 Parques Eólicos que afectan hábitats Natura2000 en Galicia

⏬ Descarga a listaxe dos 139 concellos con hábitats Natura afectados

Que é a rede Natura2000 e por que é tan importante?

É unha rede de espazos naturais protexidos pola Unión Europea. Son ecosistemas que conteñen especies fundamemtais para á vida e a conservación da biodiversidade, moitos deles importantes tamén por ser zonas de alimentación ou cría de aves migratorias. Os hábitats que hai nas teselas, son áreas protexidas polas sus caracarterísticas naturais, pola Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación de Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestre. Podes atopar toda a info relativa a vulneración de normativas en ⏩ presentar unha denuncia .

Para qué podemos usar esta información as comunidades afectadas por macro proxectos eólicos?

  1. Para coñecer a Natura2000 amenazada por infraestructuras eólicas no teu concello.
  2. Para insertar estes datos nas alegacións pertienentes.
  3. Para ⏩ presentar unha denuncia á Unión Europea.

Denunciar é fácil e rápido, só precisas un e-mail, anímate 🔥🔥.

Como se fixo esta listaxe??

⏬ Descarga o arquivo .geopackage da análise

Trátase dun cálculo GIS cruzando:

  1. Capa INDUSTRIAL do grupo de mapas #MonferoDiNon (que recolle centos de EIAS e Documentos de Inicio das promotoras, con infraestruturas eólicas proxectadas até o 28 Marzo do 2022). (descargar)
  2. DATOS PÚBLICOS de Natura2000 (arquivo Hábitats_anexoI_PD_RNat2000.zip).